A actualización de software inclúe, entre outros
Para tirar o máximo partido do seu dispositivo, manteña o seu dispositivo ao día e comprobe regularmente se hai novas actualizacións de software para o mesmo.

Galaxy A11 (SM-A115F)


Número de compilación : A115FXXS6CWK2
Versión de Android : S(Android 12)
Data de lanzamento : 2023-12-29
Nivel de parche de seguridade : 2023-11-01
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.

Número de compilación : A115FXXU5CWF1
Versión de Android : S(Android 12)
Data de lanzamento : 2023-07-13
Nivel de parche de seguridade : 2023-05-01
• Mellorouse a estabilidade xeral do teu dispositivo.
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.

Número de compilación : A115FXXU4CWC1
Versión de Android : S(Android 12)
Data de lanzamento : 2023-04-06
Nivel de parche de seguridade : 2023-01-01
• Mellorouse a estabilidade xeral das funcións.

Número de compilación : A115FXXS4CWA2
Versión de Android : S(Android 12)
Data de lanzamento : 2023-02-28
Nivel de parche de seguridade : 2023-01-01
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.

Número de compilación : A115FXXU3CVI3
Versión de Android : S(Android 12)
Data de lanzamento : 2022-10-26
Nivel de parche de seguridade : 2022-08-01
Actualización (Android 12) One UI Core 4.1

One UI Core 4.1 achega unha grande variedade de melloras e modernizacións para os teus dispositivos Galaxy. Máis intuitivo, máis divertido, máis seguro e máis fácil que nunca.

Consulta as modificacións a seguir.


Paleta de cores

Personaliza o teu teléfono con cores exclusivas baseadas no teu fondo de pantalla. As túas cores aplicaranse a menús, botóns, fondos e aplicacións en todo o teu teléfono.


Privacidade

One UI Core 4.1 ofrece unha protección de privacidade forte para asegurármonos de que a túa información persoal non cae nas mans erradas.

Información de permiso dunha ollada
Comproba cando cada aplicación accede a permisos sensibles, como a Localización, a Cámara ou o Micrófono, en Uso do permiso. Podes denegar os permisos para calquera aplicación coa que non te sintas cómodo.

Indicadores de cámara e micrófono
Mantén lonxe os ollos e oídos indiscretos. Aparecerá un punto verde no canto superior dereito da pantalla cando unha aplicación está usando a cámara ou o micrófono. Tamén podes usar os controis do panel rápido para bloquear o uso da cámara ou o micrófono en todas as aplicacións.

Localización aproximada
Mantén a túa localización exacta en privado. Podes configurar aplicacións que non precisan saber exactamente onde estás para que só accedan á túa area xeral.

Protección portapapeis
Garda os teus contrasinais, números de tarxeta de crédito e outra información sensible nun lugar seguro. Podes elixir recibir unha alerta cando unha aplicación accede a contido copiado en portapapeis noutra aplicación.


Teclado Samsung

Máis que simplemente escribir, o Teclado Samsung é para expresarte e pasalo ben.

Acceso rápido a emojis e stickers.
Exprésate cun só toque. Obtén os teus emoji e stickers directamente desde o teclado con só un botón.

Pares de emojis animados
Non atopas o emoji que buscas? Combina dous emojis xuntos e engade unha animación que transmita os teus sentimentos.

Máis stickers
Anima as túas conversas cunha variedade de stickers animados dispoñibles para descargar.

Asistente de escrita
Mantén a túa gramática e ortografía a punto co novo asistente de escrita coa tecnoloxía de Grammarly (só para inglés).


Pantalla Inicio

Todo comeza coa Pantalla Inicio, onde a túas características e aplicacións favoritas están a un toque de distancia. One UI Core 4.1 axúdate a manter a túa Pantalla Inicio o máis bonita posible todo o tempo.

Novo deseño de widget
Redeseñáronse os widgets para lucir mellor que nunca, con información que é fácil de ver dunha ollada e un estilo máis consistente.

Selección de widgets máis fácil
Tes problemas para atopar o widget máis adecuado? Podes desprazarte máis rapidamente na lista de widgets para ver o que está dispoñible en cada aplicación. Tamén recibirás recomendacións de widgets útiles para que probes.


Pantalla de bloqueo

Usa widgets para xestionar tarefas rápidas sen desbloquear o teu teléfono, mesmo se está controlando a túa música, consultando o teu horario ou gardando as túas mellores ideas.

Escoita onde queiras
Cambia a saída de audio de auriculares a altofalantes ou ao teu teléfono, todo desde a Pantalla de bloqueo.

Gravadora de voz
Tiveches unha boa idea? Grava unha nota de voz sen desbloquear o teu teléfono.

Calendario e programa dunha vez
Consulta o programa de hoxe xunto co teu calendario para o resto do ano coa Pantalla de bloqueo.


Cámara

Goza dun deseño gráfico máis sinxelo mentres fas fotos e vídeos. O botón de optimizador de escena só aparece no modo Foto se hai pouca luz ou estás escaneando un documento. Os axustes do modo Retrato e Noite agora están ocultos e son máis intuitivos.

Obxectivo e zoom
As iconas do obxectivo mostran o nivel de magnificación, de xeito que saibas canto zoom estás aplicando.

Vídeos que nunca perden un momento
A gravación comeza inmediatamente despois de pulsar o botón Gravar, en lugar de cando o soltas, de xeito que poidas captar todos eses valiosos momentos antes de que desaparezan. No modo Foto, podes tocar e manter pulsado o botón do Obturador para comezar a gravar un vídeo rápido, e despois deslizar o teu dedo á icona Bloquear para continuar gravando sen ter que manter pulsado o Obturador.

Fotografía profesional
Toma o control cos axustes redeseñados do modo Profesional. A aparencia máis limpa axuda a concentrarte na foto e os novos indicadores de nivel engadidos ás liñas de cuadrícula axudan a facer tomas equilibradas.


Galería

Tanto se tes miles de fotos e vídeos como se son só algúns prezados momentos, a Galería fai máis fácil atopar o que precisas e ter a túa colección organizada.

Historias melloradas
Ve como as túas historias cobran vida con vídeos destacados que se crean automaticamente. Tan só tes que pulsar a vista previa na parte superior de cada historia para velas. Podes explorar onde se tomaron as fotos das túas historias na nova vista Mapa.

Álbums máis sinxelos
Revisa os teus álbums máis facilmente, aínda que teñan miles de fotos. De feito, podes clasificar os teus álbums polo número de fotos e vídeos que conteñen, de xeito que os álbums favoritos e os máis usados estean sempre ao principio da lista. Aparece unha imaxe de portada na parte superior da pantalla cando ves un álbum para darche unha idea do que contén o álbum.

Remasterizado sen preocupacións
Desfai os cambios nas fotos remasterizadas mesmo despois de gardalas e volve á versión orixinal en calquera momento, de xeito que nunca teñas que preocuparte de perder a orixinal.

Máis control da información
Modifica ou elimina as datas, horas e localización das túas fotos para corrixilas ou para protexer a túa privacidade. Tamén podes seleccionar varias fotos e editar a súa información, todo dunha vez.


Editor de foto e vídeo

Ás veces, as túas fotos e vídeos precisan algún axuste. Os editores de Vídeo e Foto One UI farán que as túas fotos luzan o mellor posible antes de compartilas.

Control de iluminación
A foto é moi escura por unha mala iluminación? A nova característica de equilibrio de Iluminación axuda a destacar todos os detalles para facer que luza xenial.

Non perdas nunca o orixinal
Atrévete a editar! Agora podes facer que os vídeos e fotos volvan ás súas versións orixinais despois de gardalos, ou gardalos como copias para ter tanto as orixinais como as versións editadas.


Compartir

One UI axúdate a estar conectado e compartir as túas experiencias con outros. Pulsa o botón Compartir en calquera aplicación.

Navegación máis fácil
Un deseño gráfico novo e mellor navegación fan que compartir sexa fácil. Desliza á dereita ou esquerda para moverte polas aplicacións e contactos cando estás compartindo.

Máis personalización
Comparte ao teu xeito. Podes personalizar a lista de aplicacións que aparece cando compartes contido, para evitar ter todo feito un desastre e centrarte só en aplicacións que usas normalmente.


Calendario

One UI Core 4.1 fai aínda máis sinxelo organizar o teu axitado ritmo de vida.

Consulta o teu programa na Pantalla Inicio
Un novo widget aparece no teu programa xunto cun calendario completo do mes.

Engadir eventos rapidamente
Tes que engadir algo no teu calendario e tes présa? Só introduce un título e xa está.

Máis opcións de busca
Tes máis formas que nunca para atopar os eventos do calendario. Elixe de entre as últimas palabras buscadas ou filtra por cor ou sticker.

Comparte con outros
Ás veces, tes que manter aos demais ao tanto. Agora é máis fácil compartir os teus calendarios con outros usuarios de Galaxy.

Selección de data e hora máis sinxela
Definir os detalles dun evento é moi fácil con opcións separadas de data e hora.

Recuperar eventos eliminados
Os eventos que eliminas permanecerán na Papeleira durante 30 días de xeito que podes recuperalos se os precisas.


Samsung Internet

Agora, o navegador rápido e seguro de One UI fai aínda máis fácil atopar páxinas web que estás buscando e protexer a túa privacidade.

Busca suxestións
Obtén máis suxestións de busca cando escribes texto na barra de enderezos. Os resultados aparecerán cun deseño totalmente novo.

Busca na Pantalla Inicio
O novo widget de busca axúdate a atopar o que estás buscando desde a Pantalla Inicio.

Iniciar en Modo Secreto
Para protexer a túa privacidade, Samsung Internet iniciarase automaticamente en Modo Secreto se usaches o Modo Secreto na túa última sesión de navegación.


Coidado do dispositivo

Comproba o rendemento, a seguridade e a vida da batería do teu teléfono dunha ollada, resolve problemas rapidamente e obtén diagnósticos para problemas máis complexos.

Batería e seguridade dunha ollada
Os problemas de batería e seguridade aparecerán na pantalla principal, de xeito que poidas solucionar os problemas máis rapidamente.

Entende o estado xeral do teu teléfono
O estado xeral do teu teléfono aparece en forma de emoji, de xeito que o poidas entender ao momento.

Comprobacións de diagnóstico
Agora podes acceder directamente ao diagnóstico de Samsung Members desde Coidado do dispositivo. Se algo parece ir mal co teu teléfono, tenta as probas de diagnóstico para descubrir cal é o problema e obter suxestións para resolvelo.


Accesibilidade

One UI está deseñado para todos. Con One UI Core 4.1 , terás aínda máis opcións para axudarte a usar o teu teléfono do xeito que sexa máis cómodo para ti.

Sempre aí cando o necesitas
Accede a características de accesibilidade máis rapidamente cun botón flotante que está sempre dispoñible.

Axusta a túa pantalla dunha vez
Axusta o contraste e o tamaño ao mesmo tempo co modo de Pantalla personalizada (Alto contraste ou Pantalla grande).

Confort ocular
Hai máis opcións de visibilidade dispoñibles para satisfacer as túas necesidades. Podes reducir a transparencia ou o desenfoque.

Notificacións flash personalizables
Fai que a pantalla dispare un flash cando recibes unha notificación. Se personalizas as cores para cada aplicación, podes determinar de onde ven a notificación.

Magnificación máis fácil
A ventá da lupa uniuse ao novo Menú da lupa, dándoche máis opcións e máis control do contido aumentado na pantalla.


Máis características e melloras

Modo escuro mellorado
Para que esteas cómodo na escuridade, agora o Modo Escuro atenúa automaticamente iconas e fondos de pantalla. Agora en Samsung apps, as ilustracións teñen versións en Modo Escuro con cores máis escuros para unha experiencia máis consistente que é máis cómoda para os teus ollos.

Información sobre a carga dunha ollada
Cando comezas a carga, diferentes efectos visuais infórmante da velocidade de carga de forma máis intuitiva.

Control de brillo máis fácil
Unha barra de brillo meirande no panel rápido fai que sexa máis fácil cambiar o brillo da pantalla arrastrando o dedo.

Menú de Seguridade e emerxencia
O novo menú de Seguridade e emerxencia en Axustes permíteche xestionar os teus contactos de emerxencia e información de seguridade, todo no mesmo sitio.

Melloras na busca de axustes
As características de busca melloradas axúdante a atopar os axustes que necesitas, cando os necesitas. Obterás suxestións de características relacionadas dependendo do que esteas buscando.

Mantén os ollos na estrada
O novo monitor de Condución en Benestar dixital mantén un control de cando usas o teu teléfono mentres conduces. Obterás informes sobre canto usas o teu teléfono e que aplicacións usaches.

Omitir a alarma só unha vez
Tes sono? Agora podes apagar unha alarma só por unha vez. Volverá a acenderase automaticamente despois de omitila.

Día e noite dunha ollada
Tes un amigo no outro lado do mundo? É máis fácil ver se é unha boa hora para contactar con eles. Agora, o widget de reloxo dual mostra distintas cores de fondo para cada cidade, dependendo de se é día ou noite.

Cambiar de mensaxes a chamadas
As mensaxes de texto non son suficientes? Pulsa o nome da persoa na parte superior da conversa para ver a súa información ou inicia unha chamada de voz ou unha videochamada.

Máis resultados de busca en Mensaxes
Agora podes buscar nas túas mensaxes fotos, vídeos ligazóns web e máis. Todos os resultados están filtrados, así que podes saltar ata o que estás buscando.

Panel de Edge mellorado
Mantén a túa aplicación actual en vista mentres usas o Panel de Edge. Eliminouse o desenfoque para axudarte a ver máis ao mesmo tempo.

Cambia o tamaño de fotos superpostas
Se un vídeo flotante se interpón no medio, xunta os dedos para facelo máis pequeno. Queres ver máis? Espalla os dedos para facelo meirande.

Acceso rápido ás opcións de ventá emerxente
Para unha multitarefa máis fácil, podes ancorar o menú de opcións da ventá á parte superior da ventá para poder acceder máis facilmente.

Elimináronse as seguintes aplicacións ou características: MyGalaxy, Samsung Health, MyGalaxy Widget


Algunhas aplicacións necesitan actualizarse por separado despois da actualización One UI Core 4.1.

Número de compilación : A115FXXU3BVH7
Versión de Android : R(Android 11)
Data de lanzamento : 2022-09-22
Nivel de parche de seguridade : 2022-08-01
• Mellorouse a estabilidade xeral das funcións.

Número de compilación : A115FXXS3BVH1
Versión de Android : R(Android 11)
Data de lanzamento : 2022-08-26
Nivel de parche de seguridade : 2022-08-01
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.

Número de compilación : A115FXXS2BVD2
Versión de Android : R(Android 11)
Data de lanzamento : 2022-05-11
Nivel de parche de seguridade : 2022-04-01
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.

Número de compilación : A115FXXS2BVA1
Versión de Android : R(Android 11)
Data de lanzamento : 2022-02-19
Nivel de parche de seguridade : 2022-01-01
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.

Número de compilación : A115FXXU2BUK2
Versión de Android : R(Android 11)
Data de lanzamento : 2022-01-15
Nivel de parche de seguridade : 2021-10-01
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.

Número de compilación : A115FXXU2BUK2
Versión de Android : R(Android 11)
Data de lanzamento : 2021-12-23
Nivel de parche de seguridade : 2021-10-01
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.

Número de compilación : A115FXXU2BUH4
Versión de Android : R(Android 11)
Data de lanzamento : 2021-09-01
Nivel de parche de seguridade : 2021-07-01
• Mellorouse a estabilidade xeral das funcións.

Número de compilación : A115FXXU2BUF2
Versión de Android : R(Android 11)
Data de lanzamento : 2021-08-03
Nivel de parche de seguridade : 2021-07-01
• Aplicación actualizada : Inicio de One UI, Chamada, Calendario, Quick Share, Smart View
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.

Número de compilación : A115FXXU2BUE1
Versión de Android : R(Android 11)
Data de lanzamento : 2021-06-09
Nivel de parche de seguridade : 2021-04-01
Actualización (Android 11) One UI Core 3.1
One UI Core 3.1está deseñado para axudarche a centrarte no que importa. O noso novo deseño visual mellorou os sitios que máis visitas, como a Pantalla Inicio e o panel rápido, para reducir distraccións, destacar información importante e facer a túa experiencia máis consistente. As melloras no rendemento axudarán as aplicacións a executarse máis rapidamente usando menos carga da batería. E One UI Core 3.1 deixa o control nas túas mans cos novos controis de privacidade, permisos únicos e Benestar dixitalmellorado.

Desprázate para abaixo para ver a lista completa de cambios.

Deseño visual
Actualizamos a aparencia e o estilo de One UI Core 3.1 de moitos xeitos, desde iconas novas e máis coherentes ata unha mellor organización do panel rápido e as notificacións. O movemento é máis suave e natural, cunha animación mellorada. Unha resposta de interface mellorada significa que experiencia é insuperable en calquera dispositivo.

Rendemento mellorado
Optimizamos One UI Core 3.1 cunha asignación de memoria dinámica, de xeito que a aplicación se executa máis rápido e funciona mellor. Tamén restrinximos actividades en segundo plano para fornecer un funcionamento e uso da enerxía mellores.

Mellor personalización
• Engadíronse novas categorías de imaxe a Pantalla Bloqueo dinámica, e podes seleccionar ata 5 categorías de vez.
• Na Pantalla de bloqueo, podes engadir un widget para consultar o tempo de uso.
• Obtén unha previsualización interactiva cando seleccionas un fondo de pantalla.
• Engade un fondo de chamada para ver unha foto ou un vídeo cando fas ou recibes unha chamada.
• En Samsung Internet, podes reordenar e bloquear pestanas.
• As novas iconas e os widgets de Pantalla de bloqueo fan máis sinxelo encontrar e controlar as túas rutinas.
• Usa Benestar dixital con perfís persoais e de traballo por separado.

Funcións melloradas
Pantalla Incio e Pantalla de bloqueo
• Engade widgets mantendo unha aplicación pulsada na Pantalla Inicio.
• Apaga a pantalla pulsando dúas veces nun espazo baleiro da Pantalla Inicio ou Pantalla de bloqueo. (Configúrao en Axustes > Funcións avanzadas > Movementos e xestos.)
• Na Pantalla de bloqueo, pulsa a parte do reloxo para ver widgets como calendario, tempo e música.

Chamadas e chats
• Ve conversas por separado no panel de notificacións. Funciona con Mensaxes e as túas aplicacións de chat favoritas.
• Elimina de forma sinxela contactos duplicados que teñas gardados na mesma conta en Contactos. O período de almacenamento dos contactos eliminados estendeuse de 15 a 30 días.
• Engadiuse a posibilidade de editar múltiples contactos vinculados desde unha única pantalla.
• Engadimos Papeleira en Mensaxes de xeito que as mensaxes eliminadas recentemente se almacenan durante 30 días.

Fotos e vídeos
• Tira fotos máis rápido con enfoque automático e exposición automática mellorados.
• Ve, edita e comparte fotos e vídeos máis facilmente desde Galería.
• Busca fotos e vídeos máis rapidamente coas novas funcións de busca e novas categorías en Galería.
• Desfai os cambios nas fotos editadas mesmo despois de gardalas e volve á versión orixinal en calquera momento, de xeito que nunca perdas unha toma.

Axustes
• Axustes conta cunha aparencia e un estilo novos e máis simples. A túa Samsung account móstrase na parte de arriba e podes acceder aos axustes de Pantalla Inicio máis facilmente.
• Encontra os axustes que precisas máis facilmente coas novas funcións de busca. Conseguirás mellores resultados de sinónimos e erros ortográficos comúns e podes pulsar nas etiquetas para ver grupos de axustes relacionados.
• Reducíronse os botóns de Axustes rápidos para fornecer só as funcións máis usadas. Tamén podes engadir botóns para crear o teu propio panel rápido personalizado.

Teclado Samsung
• Aumentouse o número de linguas de entrada a 370.
• Engadíronse suxestións de emojis e stickers cando introduces unha emoticona baseada en texto.
• Mellorouse o deseño do teclado para fornecer unha barra espazadora máis grande cando se introduce un enderezo web ou de correo electrónico.
• Reorganizáronse os axustes do teclado, de xeito que é máis fácil acceder aos axustes usados máis frecuentemente.

Produtividade
• En Internet, podes ocultar as barras de estado e de navegación para unha experiencia máis inmersa e para traducir páxinas web rapidamente.
• Aparecerá unha mensaxe para bloquear sitios web que envían demasiados avisos emerxentes e notificacións.
• Os eventos que comezan á mesma hora aparecen xuntos nas vistas mes e lista no Calendario.

Fácil control do soporte multimedia e do dispositivo
O control do soporte multimedia e do dispositivo é máis fácil grazas ao panel multimedia mellorado nas notificacións. Podes ver as aplicacións de soporte multimedia usadas recentemente e cambiar rapidamente o dispositivo de reprodución. Tamén podes consultar os axustes de Android Auto no menú de Funcións avanzadas en Axustes.

Identifica e mellora os teus hábitos dixitais
As funcións melloradas do Benestar dixital fan máis fácil comprobar como estás a usar o teu teléfono ou tableta e axúdache a crear bos hábitos dixitais. Comproba cunha ollada o uso que fas mentres conduces ou ve os cambios semanais no tempo que usas a pantalla a través de informes semanais actualizados.

Accesibilidade para todos
One UI Core 3.1 recomenda funcións de accesibilidade útiles para ti baseadas no teu uso. O atallo mellorado de Accesibilidade facilita o inicio e uso das funcións de accesibilidade. Podes usar a función Ler entrada do teclado en alto para obter comentarios de voz do que escribes aínda que TalkBack estea apagado.

Protección de privacidade máis forte
Agora podes permitir o acceso dunha aplicación ao teu micrófono, cámara ou localización unha única vez. Os permisos que unha aplicación leve un tempo sen usar cancelaranse automaticamente. Xa non podes dar permiso ás aplicacións para poderen ver sempre a túa localización no aviso emerxente de permiso ordinario. Para permitir que as aplicacións teñan acceso a túa localización cando non están en uso, podes entrar na páxina de permiso de localización da aplicación en Axustes.

Algunhas aplicacións necesitan actualizarse por separado despois da actualización One UI Core 3.1.

As copias da aplicación que se fixeron usando Dual Messenger xa non poden acceder aos arquivos da tarxeta SD directamente. Para compartir arquivos da tarxeta SD na copia dunha aplicación, selecciona os arquivos na Galería ou en Os meus arquivos, pulsa compartir e selecciona a copia da aplicación.

Número de compilación : A115FXXU2AUA3
Versión de Android : Q(Android 10)
Data de lanzamento : 2021-03-19
Nivel de parche de seguridade : 2021-02-01
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.

Número de compilación : A115FXXU1ATL1
Versión de Android : Q(Android 10)
Data de lanzamento : 2021-01-21
Nivel de parche de seguridade : 2020-12-01
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.

Número de compilación : A115FXXU1ATJ3
Versión de Android : Q(Android 10)
Data de lanzamento : 2020-11-30
Nivel de parche de seguridade : 2020-10-01
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.

Número de compilación : A115FXXU1ATG1
Versión de Android : Q(Android 10)
Data de lanzamento : 2020-07-27
Nivel de parche de seguridade : 2020-07-01
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.

Número de compilación : A115FXXU1ATE3
Versión de Android : Q(Android 10)
Data de lanzamento : 2020-06-18
Nivel de parche de seguridade : 2020-05-01
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.