A actualización de software inclúe, entre outros
Para tirar o máximo partido do seu dispositivo, manteña o seu dispositivo ao día e comprobe regularmente se hai novas actualizacións de software para o mesmo.
Galaxy A22 (SM-A225M)
Número de compilación : A225MUBU3BVD8
Versión de Android : S(Android 12)
Data de lanzamento : 2022-06-28
Nivel de parche de seguridade : 2022-04-01
Actualización (Android 12) One UI Core 4.1
One UI Core 4.1 achega unha grande variedade de melloras e modernizacións para os teus dispositivos Galaxy. Máis intuitivo, máis divertido, máis seguro e máis fácil que nunca.
Consulta as modificacións a seguir.
Paleta de cores
Personaliza o teu teléfono con cores exclusivas baseadas no teu fondo de pantalla. As túas cores aplicaranse a menús, botóns, fondos e aplicacións en todo o teu teléfono.
Privacidade
One UI Core 4.1 ofrece unha protección de privacidade forte para asegurármonos de que a túa información persoal non cae nas mans erradas.
Información de permiso dunha ollada
Comproba cando cada aplicación accede a permisos sensibles, como a Localización, a Cámara ou o Micrófono, en Uso do permiso. Podes denegar os permisos para calquera aplicación coa que non te sintas cómodo.
Indicadores de cámara e micrófono
Mantén lonxe os ollos e oídos indiscretos. Aparecerá un punto verde no canto superior dereito da pantalla cando unha aplicación está usando a cámara ou o micrófono. Tamén podes usar os controis do panel rápido para bloquear o uso da cámara ou o micrófono en todas as aplicacións.
Localización aproximada
Mantén a túa localización exacta en privado. Podes configurar aplicacións que non precisan saber exactamente onde estás para que só accedan á túa area xeral.
Protección portapapeis
Garda os teus contrasinais, números de tarxeta de crédito e outra información sensible nun lugar seguro. Podes elixir recibir unha alerta cando unha aplicación accede a contido copiado en portapapeis noutra aplicación.
Teclado Samsung
Máis que simplemente escribir, o Teclado Samsung é para expresarte e pasalo ben.
Acceso rápido a GIF, emojis e stickers
Exprésate cun só toque. Obtén os teus emojis, GIF e stickers directamente desde o teclado con só un botón.
Pares de emojis animados
Non atopas o emoji que buscas? Combina dous emojis xuntos e engade unha animación que transmita os teus sentimentos.
Máis stickers
Anima as túas conversas cunha variedade de stickers animados dispoñibles para descargar.
Asistente de escrita
Mantén a túa gramática e ortografía a punto co novo asistente de escrita coa tecnoloxía de Grammarly (só para inglés).
Máis opcións de teclado dispoñibles
Os deseños do teclado, os métodos de entrada e as características para linguas específicas están agora dispoñibles en máis rexións, de xeito que poidas escribir facilmente desde onde esteas. Sempre podes tornar ao deseño que tiñas anteriormente en Axustes.
Pantalla Inicio
Todo comeza coa Pantalla Inicio, onde a túas características e aplicacións favoritas están a un toque de distancia. One UI Core 4.1 axúdate a manter a túa Pantalla Inicio o máis bonita posible todo o tempo.
Novo deseño de widget
Redeseñáronse os widgets para lucir mellor que nunca, con información que é fácil de ver dunha ollada e un estilo máis consistente.
Selección de widgets máis fácil
Tes problemas para atopar o widget máis adecuado? Podes desprazarte máis rapidamente na lista de widgets para ver o que está dispoñible en cada aplicación. Tamén recibirás recomendacións de widgets útiles para que probes.
Pantalla de bloqueo
Usa widgets para xestionar tarefas rápidas sen desbloquear o teu teléfono, mesmo se está controlando a túa música, consultando o teu horario ou gardando as túas mellores ideas.
Escoita onde queiras
Cambia a saída de audio de auriculares a altofalantes ou ao teu teléfono, todo desde a Pantalla de bloqueo.
Gravadora de voz
Tiveches unha boa idea? Grava unha nota de voz sen desbloquear o teu teléfono.
Calendario e programa dunha vez
Consulta o programa de hoxe xunto co teu calendario para o resto do ano coa Pantalla de bloqueo.
Cámara
Goza dun deseño gráfico máis sinxelo mentres fas fotos e vídeos. O botón de optimizador de escena só aparece no modo Foto se hai pouca luz ou estás escaneando un documento. Os axustes do modo Retrato e Noite agora están ocultos e son máis intuitivos.
Obxectivo e zoom
As iconas do obxectivo mostran o nivel de magnificación, de xeito que saibas canto zoom estás aplicando.
Vídeos que nunca perden un momento
A gravación comeza inmediatamente despois de pulsar o botón Gravar, en lugar de cando o soltas, de xeito que poidas captar todos eses valiosos momentos antes de que desaparezan. No modo Foto, podes tocar e manter pulsado o botón do Obturador para comezar a gravar un vídeo rápido, e despois deslizar o teu dedo á icona Bloquear para continuar gravando sen ter que manter pulsado o Obturador.
Fotografía profesional
Toma o control cos axustes redeseñados do modo Profesional. A aparencia máis limpa axuda a concentrarte na foto e os novos indicadores de nivel engadidos ás liñas de cuadrícula axudan a facer tomas equilibradas.
Retratos para mascotas
Toma fotos fermosas dos teus amigos peludos con varios efectos de retrato. O modo Retrato funciona agora con gatos e cans tanto nas cámaras dianteiras coma nas traseiras. Algúns efectos de retrato só se poden aplicar despois de tomar a foto.
Galería
Tanto se tes miles de fotos e vídeos como se son só algúns prezados momentos, a Galería fai máis fácil atopar o que precisas e ter a túa colección organizada.
Historias melloradas
Ve como as túas historias cobran vida con vídeos destacados que se crean automaticamente. Tan só tes que pulsar a vista previa na parte superior de cada historia para velas. Podes explorar onde se tomaron as fotos das túas historias na nova vista Mapa.
Álbums máis sinxelos
Revisa os teus álbums máis facilmente, aínda que teñan miles de fotos. De feito, podes clasificar os teus álbums polo número de fotos e vídeos que conteñen, de xeito que os álbums favoritos e os máis usados estean sempre ao principio da lista. Aparece unha imaxe de portada na parte superior da pantalla cando ves un álbum para darche unha idea do que contén o álbum.
Máis control da información
Modifica ou elimina as datas, horas e localización das túas fotos para corrixilas ou para protexer a túa privacidade. Tamén podes seleccionar varias fotos e editar a súa información, todo dunha vez.
Editor de foto e vídeo
Ás veces, as túas fotos e vídeos precisan algún axuste. Os editores de Vídeo e Foto One UI farán que as túas fotos luzan o mellor posible antes de compartilas.
Emojis e stickers
Usa un emoji para cubrir a cara dun amigo tímido ou engade stickers para crear fotos e vídeos divertidos.
Colaxes de vídeos
Fai colaxes en movemento que inclúan fotos e vídeos ou combina ambos. Escolle os momentos perfectos e crea a túa obra mestra.
Non perdas nunca o orixinal
Atrévete a editar! Agora podes facer que os vídeos e fotos volvan ás súas versións orixinais despois de gardalos, ou gardalos como copias para ter tanto as orixinais como as versións editadas.
Pega dunha foto a outra
Experimenta combinando caras, mascotas, edificios e máis. Podes cortar calquera obxecto dunha foto e pegalo noutra diferente.
Emoji de RA
Usa os teus propios emojis persoais para animar as túas mensaxes, facer vídeos divertidos e máis. Podes crear unha versión dixital de ti mesmo ou probar unha aparencia diferente. As posibilidades son infinitas.
Dálle vida ao teu perfil
Usa un Emoji de RA como foto de perfil en Contactos e Samsung account. Podes elixir entre máis de 10 poses ou crear as túas propias expresións.
Stickers de caras
Faite pasar polo teu emoji cos novos stickers da cara do teu emoji. Goza decorando as túas fotos e compárteas cos teus amigos.
Baila toda a noite
Fai vídeos de bailes divertidos cos teus Emojis de Ra. Elixe padróns entre 10 categorías diferentes, como #Diversión, #Riquiño e #Festa.
Deseña a túa propia roupa
Algunha vez quixeches ser deseñador de moda? Agora podes usar os teus propios debuxos para crear roupa única para os teus Emojis de RA.
Compartir
One UI axúdate a estar conectado e compartir as túas experiencias con outros. Pulsa o botón Compartir en calquera aplicación.
Máis personalización
Comparte ao teu xeito. Podes personalizar a lista de aplicacións que aparece cando compartes contido, para evitar ter todo feito un desastre e centrarte só en aplicacións que usas normalmente.
Navegación máis fácil
Un deseño gráfico novo e mellor navegación fan que compartir sexa fácil. Desliza á dereita ou esquerda para moverte polas aplicacións e contactos cando estás compartindo.
Compartir fotos
Cando compartes unha foto que non é boa, tanto se está desenfocada como se non está ben encadrada, avisarémosche e darémosche suxestións para que o arranxes.
Calendario
One UI Core 4.1 fai aínda máis sinxelo organizar o teu axitado ritmo de vida.
Consulta o teu programa na Pantalla Inicio
Un novo widget aparece no teu programa xunto cun calendario completo do mes.
Engadir eventos rapidamente
Tes que engadir algo no teu calendario e tes présa? Só introduce un título e xa está.
Máis opcións de busca
Tes máis formas que nunca para atopar os eventos do calendario. Elixe de entre as últimas palabras buscadas ou filtra por cor ou sticker.
Comparte con outros
Ás veces, tes que manter aos demais ao tanto. Agora é máis fácil compartir os teus calendarios con outros usuarios de Galaxy.
Selección de data e hora máis sinxela
Definir os detalles dun evento é moi fácil con opcións separadas de data e hora.
Recuperar eventos eliminados
Os eventos que eliminas permanecerán na Papeleira durante 30 días de xeito que podes recuperalos se os precisas.
Samsung Internet
Agora, o navegador rápido e seguro de One UI fai aínda máis fácil atopar páxinas web que estás buscando e protexer a túa privacidade.
Busca suxestións
Obtén máis suxestións de busca cando escribes texto na barra de enderezos. Os resultados aparecerán cun deseño totalmente novo.
Busca na Pantalla Inicio
O novo widget de busca axúdate a atopar o que estás buscando desde a Pantalla Inicio.
Iniciar en Modo Secreto
Para protexer a túa privacidade, Samsung Internet iniciarase automaticamente en Modo Secreto se usaches o Modo Secreto na túa última sesión de navegación.
Coidado do dispositivo
Comproba o rendemento, a seguridade e a vida da batería do teu teléfono dunha ollada, resolve problemas rapidamente e obtén diagnósticos para problemas máis complexos.
Batería e seguridade dunha ollada
Os problemas de batería e seguridade aparecerán na pantalla principal, de xeito que poidas solucionar os problemas máis rapidamente.
Entende o estado xeral do teu teléfono
O estado xeral do teu teléfono aparece en forma de emoji, de xeito que o poidas entender ao momento.
Comprobacións de diagnóstico
Agora podes acceder directamente ao diagnóstico de Samsung Members desde Coidado do dispositivo. Se algo parece ir mal co teu teléfono, tenta as probas de diagnóstico para descubrir cal é o problema e obter suxestións para resolvelo.
Bixby Routines
Fai que o teu teléfono faga máis por ti. Acende a Wi-Fi automaticamente cando chegas a casa ou pon o teléfono en silencio cando estás no traballo. One UI Core 4.1 dáche aínda máis posibilidades.
Máis condicións
Hai máis condicións dispoñibles para as túas rutinas. Inicia unha rutina durante unha chamada ou cando chega unha notificación concreta.
Máis accións
Podes usar máis accións como conectar e desconectar dispositivos Bluetooth cunha rutina.
Máis control
Reordena accións tocando accións e manténdoas pulsadas na páxina de edición. Engadíronse opcións avanzadas para que poidas esperar antes de que unha acción comece, confirmar accións e máis.
Máis combinacións
Eliminamos restricións para algunhas combinacións de condicións e accións, de xeito que poidas facer aínda máis coas túas rutinas.
Máis personalización
Crea iconas personalizadas para as túas rutinas usando a Cámara ou unha imaxe da Galería.
Accesibilidade
One UI está deseñado para todos. Con One UI 4, terás aínda máis opcións para axudarte a usar o teu teléfono do xeito que sexa máis cómodo para ti.
Sempre aí cando o necesitas
Accede a características de accesibilidade máis rapidamente cun botón flotante que está sempre dispoñible.
Xestos do rato
Leva a cabo accións máis rapidamente movendo o punteiro do rato a un dos catro cantos da pantalla.
Axusta a túa pantalla dunha vez
Axusta o contraste e o tamaño ao mesmo tempo co modo de Pantalla personalizada (Alto contraste ou Pantalla grande).
Confort ocular
Hai máis opcións de visibilidade dispoñibles para satisfacer as túas necesidades. Podes reducir a transparencia ou o desenfoque.
Notificacións flash personalizables
Fai que a pantalla dispare un flash cando recibes unha notificación. Se personalizas as cores para cada aplicación, podes determinar de onde ven a notificación.
Magnificación máis fácil
A ventá da lupa uniuse ao novo Menú da lupa, dándoche máis opcións e máis control do contido aumentado na pantalla.
Máis características e melloras
Mellor Always On Display
Nunca perdas unha notificación. Agora podes definir Always On Display para acenderse cando recibes unha notificación. Tamén están dispoñibles novos stickers animados para que o teu Always On Display luza moderno.
Modo escuro mellorado
Para que esteas cómodo na escuridade, agora o Modo Escuro atenúa automaticamente iconas e fondos de pantalla. Agora en Samsung apps, as ilustracións teñen versións en Modo Escuro con cores máis escuros para unha experiencia máis consistente que é máis cómoda para os teus ollos.
Información sobre a carga dunha ollada
Cando comezas a carga, diferentes efectos visuais infórmante da velocidade de carga de forma máis intuitiva.
Control de brillo máis fácil
Unha barra de brillo meirande no panel rápido fai que sexa máis fácil cambiar o brillo da pantalla arrastrando o dedo.
Vista previa de vídeos de consellos
Máis información sobre o que Galaxy pode facer coa vista previa dos vídeos na pantalla principal da aplicación Consellos.
Menú de Seguridade e emerxencia
O novo menú de Seguridade e emerxencia en Axustes permíteche xestionar os teus contactos de emerxencia e información de seguridade, todo no mesmo sitio.
Melloras na busca de axustes
As características de busca melloradas axúdante a atopar os axustes que necesitas, cando os necesitas. Obterás suxestións de características relacionadas dependendo do que esteas buscando.
Mantén os ollos na estrada
O novo monitor de Condución en Benestar dixital mantén un control de cando usas o teu teléfono mentres conduces. Obterás informes sobre canto usas o teu teléfono e que aplicacións usaches.
Omitir a alarma só unha vez
Tes sono? Agora podes apagar unha alarma só por unha vez. Volverá a acenderase automaticamente despois de omitila.
Día e noite dunha ollada
Tes un amigo no outro lado do mundo? É máis fácil ver se é unha boa hora para contactar con eles. Agora, o widget de reloxo dual mostra distintas cores de fondo para cada cidade, dependendo de se é día ou noite.
Cambiar de mensaxes a chamadas
As mensaxes de texto non son suficientes? Pulsa o nome da persoa na parte superior da conversa para ver a súa información ou inicia unha chamada de voz ou unha videochamada.
Máis resultados de busca en Mensaxes
Agora podes buscar nas túas mensaxes fotos, vídeos ligazóns web e máis. Todos os resultados están filtrados, así que podes saltar ata o que estás buscando.
Busca máis fácil en Os meus arquivos
Atopa o arquivo que estás buscando, mesmo se hai un erro ortográfico ou o nome non coincide exactamente. A área de Arquivos recentes aumentou para axudarte a localizar rapidamente arquivos que usaches ou recibiches recentemente.
Panel de Edge mellorado
Mantén a túa aplicación actual en vista mentres usas o Panel de Edge. Eliminouse o desenfoque para axudarte a ver máis ao mesmo tempo.
Cambia o tamaño de fotos superpostas
Se un vídeo flotante se interpón no medio, xunta os dedos para facelo máis pequeno. Queres ver máis? Espalla os dedos para facelo meirande.
Acceso rápido ás opcións de ventá emerxente
Para unha multitarefa máis fácil, podes ancorar o menú de opcións da ventá á parte superior da ventá para poder acceder máis facilmente.
Servizo de optimización de xogos
Non se limitará o rendemento da CPU/GPU durante as primeiras fases do xogo. (Manterase a característica de xestión do rendemento en función da temperatura do dispositivo.) Fornecerase o “Modo de xestión alterna do rendemento do xogo” en Game Booster.
Engadíronse as seguintes aplicacións ou características: RAM Plus
Algunhas aplicacións necesitan actualizarse por separado despois da actualización One UI Core 4.1.
Número de compilación : A225MUBU3AVD1
Versión de Android : R(Android 11)
Data de lanzamento : 2022-05-20
Nivel de parche de seguridade : 2022-04-01
• Mellorouse a estabilidade xeral das funcións.
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.
Número de compilación : A225MUBU3AUL3
Versión de Android : R(Android 11)
Data de lanzamento : 2022-02-07
Nivel de parche de seguridade : 2021-11-01
• Mellorouse a estabilidade xeral do teu dispositivo.
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.
Número de compilación : A225MUBS3AUL6
Versión de Android : R(Android 11)
Data de lanzamento : 2022-02-07
Nivel de parche de seguridade : 2022-01-01
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.
Número de compilación : A225MUBU3AUK2
Versión de Android : R(Android 11)
Data de lanzamento : 2021-12-23
Nivel de parche de seguridade : 2021-11-01
• Mellorouse a estabilidade xeral do teu dispositivo.
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.
Número de compilación : A225MUBU3AUJ4
Versión de Android : R(Android 11)
Data de lanzamento : 2021-12-10
Nivel de parche de seguridade : 2021-11-01
• Mellorouse a estabilidade xeral do teu dispositivo.
• Engadíronse as seguintes aplicacións ou características: RAM Plus
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.
Número de compilación : A225MUBS2AUJ2
Versión de Android : R(Android 11)
Data de lanzamento : 2021-10-21
Nivel de parche de seguridade : 2021-10-01
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.
Número de compilación : A225MUBU2AUH1
Versión de Android : R(Android 11)
Data de lanzamento : 2021-09-10
Nivel de parche de seguridade : 2021-08-01
• Mellorouse a estabilidade xeral das funcións.
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.
Número de compilación : A225MUBS1AUG4
Versión de Android : R(Android 11)
Data de lanzamento : 2021-08-07
Nivel de parche de seguridade : 2021-07-01
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.