A actualización de software inclúe, entre outros
Para tirar o máximo partido do seu dispositivo, manteña o seu dispositivo ao día e comprobe regularmente se hai novas actualizacións de software para o mesmo.
Galaxy M13 (SM-M135F)
Número de compilación : M135FXXSEEZE1
Versión de Android : U(Android 14)
Data de lanzamento : 2026-05-25
Nivel de parche de seguridade : 2026-05-05
• Seguridade
O dispositivo está protexido con seguridade mellorada.
Estes cambios poden variar segundo o modelo, o país ou o operador de rede da contorna do cliente.
Para tirar o máximo partido do teu dispositivo, manteno ao día e comproba regularmente se hai novas actualizacións de software.
Número de compilación : M135FXXSDEZB1
Versión de Android : U(Android 14)
Data de lanzamento : 2026-03-09
Nivel de parche de seguridade : 2026-02-05
• Seguridade
O dispositivo está protexido con seguridade mellorada.
Estes cambios poden variar segundo o modelo, o país ou o operador de rede da contorna do cliente.
Para tirar o máximo partido do teu dispositivo, manteno ao día e comproba regularmente se hai novas actualizacións de software.
Número de compilación : M135FXXSCEYK1
Versión de Android : U(Android 14)
Data de lanzamento : 2025-12-01
Nivel de parche de seguridade : 2025-11-01
• Seguridade
O dispositivo está protexido con seguridade mellorada.
Estes cambios poden variar segundo o modelo, o país ou o operador de rede da contorna do cliente.
Para tirar o máximo partido do teu dispositivo, manteno ao día e comproba regularmente se hai novas actualizacións de software.
Número de compilación : M135FXXSBEYG1
Versión de Android : U(Android 14)
Data de lanzamento : 2025-08-28
Nivel de parche de seguridade : 2025-08-01
• Seguridade
O dispositivo está protexido con seguridade mellorada.
Estes cambios poden variar segundo o modelo, o país ou o operador de rede da contorna do cliente.
Para tirar o máximo partido do teu dispositivo, manteno ao día e comproba regularmente se hai novas actualizacións de software.
Número de compilación : M135FXXSAEYE1
Versión de Android : U(Android 14)
Data de lanzamento : 2025-05-29
Nivel de parche de seguridade : 2025-05-01
• Seguridade
O dispositivo está protexido con seguridade mellorada.
Número de compilación : M135FXXS9EYB1
Versión de Android : U(Android 14)
Data de lanzamento : 2025-02-18
Nivel de parche de seguridade : 2025-02-01
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.
Número de compilación : M135FXXS9EXJ3
Versión de Android : U(Android 14)
Data de lanzamento : 2024-11-26
Nivel de parche de seguridade : 2024-11-01
• Seguridade
O dispositivo está protexido con seguridade mellorada.
Número de compilación : M135FXXS8EXJ1
Versión de Android : U(Android 14)
Data de lanzamento : 2024-10-22
Nivel de parche de seguridade : 2024-10-01
• Seguridade
O dispositivo está protexido con seguridade mellorada.
Número de compilación : M135FXXS7EXH1
Versión de Android : U(Android 14)
Data de lanzamento : 2024-09-17
Nivel de parche de seguridade : 2024-09-01
• Seguridade
O dispositivo está protexido con seguridade mellorada.
Número de compilación : M135FXXU6EXF2
Versión de Android : U(Android 14)
Data de lanzamento : 2024-07-15
Nivel de parche de seguridade : 2024-06-01
Actualización de One UI 6.1
Personaliza o teu Galaxy
Novas características de edición do fondo de pantalla
Decora o teu fondo de pantalla como queiras. Cando seleccionas unha imaxe para usala como o teu fondo de pantalla, podes aplicar marcos e efectos.
Máis widgets para a túa Pantalla de bloqueo
Dispoñibles máis widgets para a túa pantalla de bloqueo para que poidas comprobar rapidamente información útil sen desbloquear o teu teléfono. Os novos widgets inclúen Tempo, Samsung Health, Batería, Reminder, Calendario e Reloxo.
Personaliza as alertas de alarmas
Utiliza unha imaxe, vídeo ou emoji de RA para crear as túas propias pantallas de alerta personalizadas para cada alarma. Incluso podes modificar o deseño de onde aparece a información da alarma na pantalla.
Máis stickers para personalizar o teu calendario
Agora podes engadir ata 2 stickers para cada data no teu calendario. Os stickers para eventos amósanse agora ao lado do nome do evento na vista de mes.
Axustes da aplicación de Calendario renovados
Os axustes de Calendario reorganizáronse para seren máis intuitivos. Tamén podes establecer cores de fondo e imaxes para alertas de calendario a pantalla completa.
Personaliza alertas de recordatorios
Crea o fondo correcto para cada un dos recordatorios. Agora podes establecer cores e imaxes de fondo para alertas de recordatorios a pantalla completa.
Fai máis coas categorías de recordatorios
Agora podes escoller un icona representativa para cada categoría de recordatorio. Tamén podes fixar as categorías que uses con frecuencia na parte superior da lista de categorías.
Activa ou desactiva modos desde a Pantalla Inicio
Activa e desactiva modos de maneira máis rápida que antes. O novo widget de modo permite engadir modos directamente á túa Pantalla Inicio.
Reorganiza os teus modos
Agora podes cambiar a orde na que se listan os modos na pestana Modos en Modos e rutinas.
Conecta e comparte
Comparte con máis dispositivos
Quick Share fusionouse co Nearby Share de Google. Ademais dos dispositivos Galaxy, agora podes compartir con outros dispositivos Android incluso sen conexión a Internet.
Comparte a túa localización con outros
Con Samsung Find, podes compartir a túa localización con familia, amigos ou calquera en quen confíes. Comparte durante un tempo limitado ou todo o tempo. Estás sempre no control de quen pode ver a túa localización.
Sincroniza os grupos de pestanas de Internet con outros dispositivos
Volve á túa última sesión de navegación sen problemas, non importa que dispositivo estiveses usando. Os grupos de pestanas que creas nun dispositivo aparecerán en Internet de Samsung noutros dispositivos Galaxy conectados á túa Samsung account.
Xestión da túa saúde
Experiencia de exercicio mellorada
Compite contra os teus resultados anteriores de carreira en Samsung Health para tratar de superar a túa última marca. Tamén podes recortar exercicios despois de rematalos para eliminar calquera tempo innecesario no comezo ou ao final.
Más opcións para os obxectivos de actividade diaria
Agora tes máis opcións para establecer os teus obxectivos diarios de actividade en Samsung Health. Se un obxectivo de pasos non funciona para ti, podes cambiar a pisos subidos ou horas activas en vez diso.
Seguimento do ciclo mellorado
Cando rexistres os teus síntomas físicos e estados de ánimo, as opcións que usaches con frecuencia anteriormente aparecerán na parte superior da pantalla. Tamén podes agora establecer estados de ánimo personalizados se as opcións predeterminadas non coinciden co teu estado de ánimo.
Máis melloras
Máis información no widget do Tempo
O widget do tempo avisarate cando hai previsión de tempestades graves, nevadas ou outras precipitacións na túa área local.
Entrada de voz sen saír do teclado
O teclado permanece agora visible mentres usas a entrada de voz para que poidas cambiar facilmente de volta á escritura cando o necesites. Pulsa o botón do micro na parte inferior da pantalla para introducires texto usando a túa voz en calquera momento mentres usas o teclado.
Abre todas as aplicacións minimizadas ao mesmo tempo
Un novo botón permíteche volver abrir todas as aplicacións minimizadas ao mesmo tempo cando tes máis dunha ventá emerxente minimizada.
Suxestións de busca de Google no Buscador
Ao buscar co Buscador, tamén recibirás suxestións de busca web de Google.
Máis maneiras de protexer a túa batería
Escolle entre 3 opcións de protección diferentes para axudar a prolongar a vida útil da túa batería. A protección básica mantén a carga entre o 95% e o 100%. A protección adaptable pausa a carga mentres dormes e finaliza a carga pouco antes de que espertes. Tamén podes elixir limitar a carga máxima ao 80% para unha protección máxima.
Mellora da busca na Galería
A pantalla de busca foi redeseñada para facela máis fácil de usar. Os resultados agora están categorizados por tipo, como persoas, lugares, álbums ou historias.
Número de compilación : M135FXXS6DXE3
Versión de Android : U(Android 14)
Data de lanzamento : 2024-05-20
Nivel de parche de seguridade : 2024-05-01
• Seguridade
O dispositivo está protexido con seguridade mellorada.
Número de compilación : M135FXXS5DXD6
Versión de Android : U(Android 14)
Data de lanzamento : 2024-05-02
Nivel de parche de seguridade : 2024-04-01
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.
Número de compilación : M135FXXS5DXB1
Versión de Android : U(Android 14)
Data de lanzamento : 2024-02-22
Nivel de parche de seguridade : 2024-02-01
• Seguridade
O dispositivo está protexido con seguridade mellorada.
Número de compilación : M135FXXU4DXA1
Versión de Android : U(Android 14)
Data de lanzamento : 2024-01-22
Nivel de parche de seguridade : 2023-11-01
Actualización (Android 14)
Panel rápido
Novo deseño dos botóns
O panel rápido ten un novo deseño que fai que sexa máis fácil acceder ás características que usas máis. Agora o Wi-Fi e o Bluetooth teñen os seus propios botóns na parte superior da pantalla, mentres que as características visuais, como o Modo Escuro e a Pantalla comodidade ollos movéronse para a parte inferior. Outros botóns de axustes rápidos aparecen nunha zona personalizable no medio.
Acceso instantáneo ao panel rápido completo
Por defecto, un panel rápido compacto con notificacións aparece cando deslizas para abaixo desde a parte de arriba da pantalla. Se volves deslizar para abaixo outra vez, oculta notificacións e mostra o panel rápido expandido. Se acendes o acceso instantáneo a Axustes rápidos, podes ver o panel rápido expandido deslizando só unha vez desde a parte superior dereita da pantalla. Ao deslizar cara abaixo desde a esquerda, móstranse as notificacións.
Accede rapidamente ao control de brillo
A barra de control de brillo aparece agora por defecto no panel rápido compacto cando deslizas cara abaixo desde a parte superior da pantalla para axustar o brillo máis rápida e facilmente.
Mellora da visualización das portadas dos álbum
Durante a reprodución de música ou vídeos, a portada do álbum cubrirá todo o controlador de arquivos multimedia no panel de notificacións se a aplicación que reproduce a música ou o vídeo proporciona portadas.
Deseño para notificacións mellorado
Cada notificación agora aparece por separado, facendo que sexa máis fácil recoñecer notificacións individuais.
Iconas de notificación máis vívidas
Podes usar iconas da mesma cor que se usa para cada aplicación nas pantallas Inicio e Aplicacións. Podes acender isto en Axustes.
Ordena notificacións por hora
Agora podes cambiar os axustes das notificación para ordenar por hora en lugar de por prioridade, de xeito que as notificacións máis novas están sempre arriba.
Pant Bloqueo
Recoloca o teu reloxo
Agora tes máis liberdade para mover o teu reloxo á posición que elixas na Pantalla de bloqueo.
Pantalla Inicio
Etiquetas con iconas simplificadas
As etiquetas das iconas das aplicacións están agora limitadas a unha única liña para ter un aspecto máis limpo e simple. As palabras “Galaxy” e “Samsung” elimináronse dos nomes dalgunhas aplicacións para que sexan máis cortas e fáciles de ver.
Arrastra e solta con dúas mans
Comeza a arrastrar iconas de aplicacións ou widgets na túa Pantalla Inicio cunha man; despois usa a outra man para navegar pola pantalla ata onde queiras soltalas.
Multitarefa
Mantén as ventás emerxentes abertas
En lugar de minimizar as ventás emerxentes cando vas á pantalla de Recentes, as ventás emerxentes aparecerán abertas despois de saires da pantalla Recentes, de xeito que poidas continuar con aquilo no que estabas traballando.
Teclado Samsung
Novo deseño de emojis
Os emojis que aparecen nas túas mensaxes, publicacións de redes sociais e en calquera outro lugar do teu teléfono actualizáronse cun novo e fresco deseño.
Uso compartido contidos
Vista previa de imaxes
Cando compartes imaxes desde calquera aplicación, a vista previa de imaxes aparecerá na parte superior do panel Compartir para darche unha nova oportunidade para revisar as imaxes antes de compartilas.
Tempo
Novo widget de tempo
O widget de información meteorolóxica proporciona máis información sobre as condicións meteorolóxicas locais. Podes ver cando se prevén tormentas fortes, neve, chuvia e outros eventos
Máis información na aplicación Tempo
A información sobre a neve, fases da lúa e horas, presión atmosférica, distancia de visibilidade, orballo e dirección do vento está agora dispoñible na aplicación Tempo.
Vista interactiva do mapa
Desliza para moverte no mapa e pulsa a localización para ver as condicións do tempo local. O mapa pode axudarche a atopar información do tempo mesmo se non coñeces o nome da cidade.
Ilustracións melloradas
Melloráronse as ilustracións do widget e aplicación do tempo para fornecer mellor información para as condicións de tempo actuais. As cores de fondo tamén cambian dependendo da hora do día.
Galería
Edicións rápidas na vista detallada
Mentres ves unha foto, desliza para arriba desde a parte de abaixo da pantalla para ir á vista detallada. Esta pantalla agora fornece o acceso rápido aos efectos e características de edición que podes aplicar inmediatamente.
Arrastra e solta con dúas mans
Toca e mantén pulsados as fotos e vídeos cunha man e despois usa a outra man para navegar ata o álbum onde queiras soltalos.
Garda imaxes recortadas como stickers
Cando recortas algo dunha imaxe, podes gardalo facilmente como un sticker que podes usar máis tarde cando edites fotos ou vídeos.
Vista mellorada da historia
Cando ves unha historia, aparece unha miniatura cando deslizas para arriba desde a parte de abaixo da pantalla. Na vista en miniatura, podes engadir ou eliminar fotos e vídeos da túa historia.
Editor de fotos
Deseño mellorado
O novo menú de ferramentas fai máis fácil atopar as características de edición que necesitas. As opcións de Enderezar e Perspectiva combináronse no menú Transformar.
Axusta decoracións despois de gardar
Agora podes facer cambios en debuxos, stickers e o texto que engadiches a unha foto despois de gardala.
Desfacer e refacer
Non te preocupes dos erros. Agora podes desfacer e refacer transformacións, filtros e tons.
Debuxa en stickers personalizados
Cando creas stickers personalizados, podes usar as ferramentas de debuxo para facer os teus stickers aínda máis persoais e únicos.
Novos fondos de texto e estilos
Cando engades texto a unha foto, podes elixir varios fondos e estilos novos para axudarche a conseguir o aspecto perfecto.
Studio (Editor de vídeo)
Edición de vídeo máis potente
Estudio é un novo editor de vídeo baseado en proxectos que permite unha edición máis complexa e potente. Podes acceder a Estudio desde o Menú despregable en Galería ou engadir unha icona a túa Pantalla inicio para un acceso máis rápido.
Deseño da liña de tempo
Estudio permíteche ver todo o proxecto como unha liña de tempo que contén múltiples clips de vídeo. A estrutura multicapa permíteche engadir clips, stickers, subtítulos e outros obxectos e axustar a súa posición e lonxitude facilmente.
Gardar e editar proxectos
Tamén podes gardar proxectos de película inacabados para continuar editando máis tarde.
Reprodutor de vídeo
Deseño mellorado
Os controis do Reprodutor de vídeo son máis fáciles que nunca. Os botóns con funcións similares agrupáronse xuntos e o botón Play moveuse ao centro da pantalla.
Controis de velocidade de reprodución mellorados
Escolle entre varias velocidades de reprodución de vídeo entre 0,25x e 2,0x. Agora, acceder aos controis de velocidade é máis fácil, con botóns dedicados en lugar dun control deslizante.
Samsung Health
Novo aspecto da Pantalla inicio
A Pantalla inicio de Samsung Health renovouse completamente. Móstrase máis información, mentres que as fontes grosas e as cores fan que sexa máis fácil ver a información que necesitas máis. Móstrase o último resultado de exercicio na parte superior da pantalla e proporciónase máis información sobre a puntuación de sono e os teus obxectivos diarios de pasos, actividade, auga e comida.
Tamaños dos vasos de auga personalizados
Agora podes personalizar o tamaño dos vasos de auga no Rastrexador de auga de Samsung Health para que coincida co tamaño do vaso do que bebes normalmente.
Calendario
O teu programa dunha ollada
A nova vista do programa fornéceche os eventos, tarefas e recordatorios próximos todos xuntos en orde cronolóxica.
Visualiza os teus recordatorios no Calendario
Agora podes ver e engadir recordatorios na aplicación Calendario sen abrir a aplicación Reminder.
Máis eventos con dúas mans
Na vista de día ou de semana, toca e mantén pulsado o evento que queres mover cunha man e despois usa a outra man para navegar ata o día ao que queres movelo.
Recordatorio
Vista mellorada da lista de recordatorios
Redeseñouse a vista da lista principal. Podes xestionar categorías na parte superior da pantalla. Debaixo das categorías, os teus recordatorios mostraranse organizados por data. Tamén se mellorou o deseño dos recordatorios que conteñen imaxes e ligazóns web.
Novas categorías de recordatorio
A categoría Lugar contén recordatorios que te alertan cando estás nun lugar específico e a categoría Sen alertas contén recordatorios que non fornecen alertas.
Máis opcións para crear recordatorios
Cando se comparte contido á aplicación Reminder, obterás moitas opcións de edición antes de que se cree o teu recordatorio. Tamén podes facer fotos usando a cámara cando se crea un recordatorio.
Crea recordatorios de todo o día
Agora podes crear recordatorios para todo o día e personalizar o tempo que queres que se che alerte sobre eles.
Internet de Samsung
Reproduce vídeos en segundo plano
Segue reproducindo o son do vídeo mesmo se sales da pestana ou da aplicación de Internet.
Move os marcadores e pestanas con dúas mans
Toca e mantén pulsado o marcador ou a pestana que queiras mover cunha man e despois usa a outra man para navegar ata a carpeta de marcadores ou un grupo de pestanas ao que queiras moverte.
Smart select
Cambiar o tamaño e extraer texto dos contidos ancorados
Cando ancoras unha imaxe á pantalla, podes cambiar o seu tamaño ou extraer texto.
Vista aumentada
Cando seleccionas unha zona da pantalla, aparecerá unha vista aumentada para que poidas comezar e finalizar a túa selección no lugar perfecto.
Bixby text call
Cambiar a Bixby durante unha chamada
Podes cambiar a Bixby text call en calquera momento, mesmo se a chamada xa está en progreso.
Modos e rutinas
Cambiar o aspecto da Pantalla de bloqueo
Configura diferentes Pantallas de bloqueo co seu propio fondo de pantalla e estilo de reloxo para cando estás conducindo, traballando, facendo exercicio e máis. Proba un fondo de pantalla para o Modo Sono ou un fondo de pantalla relaxante no Modo Relax. Cando editas a Pantalla de bloqueo para un modo, verás ese fondo de pantalla cando se acende ese modo.
Novas condicións
Podes comezar unha rutina cando unha aplicación está reproducindo material multimedia.
Novas accións
Agora as túas rutinas poden facer máis que nunca antes, como cambiar os teus Axustes de Teclado Samsung.
Buscar
Accións rápidas para aplicacións
Cando unha aplicación aparece nos teus resultados de busca, podes manter pulsada a aplicación para obter acceso rápido a accións que podes realizar usando a aplicación. Por exemplo, se buscas a aplicación Calendario, aparecerán botóns para engadir un evento ou buscar o teu calendario. As accións das aplicacións tamén aparecerán solas nos resultados de busca se buscas o nome da acción en lugar da aplicación.
Os meus arquivos
Liberar espazo de almacenamento
As tarxetas de recomendación aparecerán para axudarche a liberar espazo de almacenamento. Os meus arquivos recomendará eliminar os arquivos innecesarios, dará consellos para configurar almacenamento na nube e tamén che permitirá saber que aplicacións do teu teléfono usan máis espazo de almacenamento.
Papeleira integrada con Galería e Gravadora de voz
As características de papeleira de Os meus arquivos, Galería e Gravadora de voz combináronse nunha. Cando abres a Papeleira en Os meus arquivos, poderás ver xuntos os arquivos, fotos, vídeos e gravacións de voz que eliminaches xunto con opcións para restaurar ou eliminar permanentemente.
Copiar arquivos con dúas mans
Toca e mantén pulsado o arquivo que queres copiar cunha man e despois usa a outra man para navegar ata o arquivo onde queres copialo.
Axustes
Modo avión máis intelixente
Se acendes o Wi-Fi ou o Bluetooth mentres estás en Modo avión, o teu teléfono recordarao. A seguinte vez que uses o Modo avión, o Wi-Fi ou o Bluetooth permanecerán acendidos en lugar de apagados.
Acceso máis fácil aos axustes de batería
Os axustes da batería agora teñen o seu propio menú de axustes de nivel superior para que poidas comprobar facilmente o uso da batería e xestionar os axustes da batería.
Bloquear ameazas de seguridade
Obtén un nivel de protección extra para as túas aplicacións e datos. O Bloqueador automático evita que se instalen aplicacións descoñecidas, comproba se hai malware e bloquea o envío de comandos maliciosos ao teu teléfono mediante un cable USB.
Accesibilidade
Melloras visuais máis fáciles de atopar
Os menús da Asistencia oral e as Melloras na visibilidade combináronse nun menú de Melloras visuais para un acceso rápido máis simple.
Novas opcións de ampliación
Personaliza como aparece a túa ventá de ampliación. Podes elixir pantalla completa, pantalla parcial ou permitir cambiar entre as dúas.
Personalizar o grosor do punteiro
Agora podes aumentar o grosor do cursor que aparece mentres se edita un texto, para que sexa máis fácil de ver.
Saber máis sobre accesibilidade
Engadiuse unha ligazón á páxina web de accesibilidade de Samsung aos Axustes de accesibilidade, de xeito que poidas coñecer máis sobre características de accesibilidade e os nosos esforzos para facer que os nosos produtos sexan accesibles para todos.
Benestar dixital
Deseño mellorado
Redeseñouse a pantalla principal de Benestar dixital, polo que é máis fácil atopar a información que necesitas.
Máis contidos no teu informe semanal
O teu informe de uso semanal permíteche coñecer padróns de uso inusuais, as horas puntas de uso e como equilibras o uso pantalla.
Número de compilación : M135FXXS4CWJ1
Versión de Android : T(Android 13)
Data de lanzamento : 2023-10-26
Nivel de parche de seguridade : 2023-10-01
• Seguridade
O dispositivo está protexido con seguridade mellorada.
Número de compilación : M135FXXS4CWH2
Versión de Android : T(Android 13)
Data de lanzamento : 2023-08-28
Nivel de parche de seguridade : 2023-07-01
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.
Número de compilación : M135FXXU3CWE4
Versión de Android : T(Android 13)
Data de lanzamento : 2023-06-09
Nivel de parche de seguridade : 2023-05-01
• Estabilidade e fiabilidade
Mellorouse o comportamento do dispositivo.
• Seguridade
O dispositivo está protexido con seguridade mellorada.
Número de compilación : M135FXXU2CWB4
Versión de Android : T(Android 13)
Data de lanzamento : 2023-03-30
Nivel de parche de seguridade : 2023-02-01
Actualización One UI 5.1
One UI 5.1 leva o teu teléfono ao seguinte nivel con novas características de Galería, e tamén melloras de produtividade e personalización.
Cámara e Galería
Cambia rapidamente o ton da cor para selfies
É máis fácil cambiar o ton da cor para os teus selfies, usando o botón Efectos na parte superior da pantalla.
Descubre Expert RAW
Expert RAW permíteche facer capturas de grande calidade, perfecto para aqueles que queren ter todo o control e editar as fotos máis tarde. Agora é máis fácil acceder a Expert RAW desde o menú Máis na Cámara.
Buscas máis potentes
Agora podes buscar en Galería máis dunha persoa ou tema ao mesmo tempo. Incluso podes buscar persoas sen etiquetar os seus nomes e só pulsando nas súas caras.
Imaxe resmasterizada mellorada
Remasterizar vai aínda máis lonxe para facer que as fotos sexan incribles eliminando sombras e reflexos. Tamén podes remasterizar GIFs para que teñan máis resolución e claridade. A vista previa tamén se mellorou para facer máis fácil comparar a foto orixinal coa remasterizada.
Crea un álbum familiar compartido
Compartir fotos coa túa familia é máis fácil que nunca. A Galería recomendará fotos para engadir ao teu álbum familiar recoñecendo as caras dos membros da familia que selecciones. Tes 5 GB de almacenamento para cada membro da familia (ata 6 persoas).
Pantalla de información renovada
Ao deslizar o dedo cara arriba mentres ves unha foto ou un vídeo na túa Galería, podes ver cando e onde se fixo a foto, que dispositivo a fixo, onde está almacenada e máis. Agora cun deseño máis simple.
Multitarefa
Minimiza ou cambia a pantalla completa facilmente
Podes minimizar ou maximizar a ventá dunha aplicación sen ter que ir ao menú de opcións. Só arrastra unha das esquinas.
Accede ás aplicacións máis usadas en pantalla dividida
Cando comezas a vista de pantalla dividida, as aplicacións que usas más frecuentemente a amosaranse debaixo das aplicacións que usaches recentemente para axudarte a atopar as aplicacións que necesitas máis rápido.
Multitarefa en DeX melloradas
Na vista de pantalla dividida, podes mover o separador do centro da pantalla para redimensionar ambas ventás. Tamén podes axustar unha ventá a unha das esquinas para facer que ocupe un cuarto da pantalla.
Modos e Rutinas
Cambia os fondos de pantalla baseados no teu modo
Pon un fondo de pantalla diferente baseado na túa actividade actual. Elixe un fondo de pantalla para o traballo, un para facer exercicio e máis.
Máis accións para rutinas
As novas accións permítenche controlar Quick Share e Sensibilidade táctil, cambiar a túa melodía e cambiar o teu estilo de letra.
Tempo
Acceso rápido a información útil
Consulta as alertas de condicións de tempo adversas, os resumos de tempo diarios e as horas de saída e posta do sol na parte superior da aplicación Tempo. Agora, o gráfico de temperatura usa cores para amosar como cambia a temperatura durante o día.
Gráfico de precipitacións por horas
Un gráfico por horas amosa cantas precipitacións caeron a diferentes horas do día.
Resumo sobre o widget do Tempo
Agora aparece un breve resumo sobre as condicións de tempo actuais no widget do tempo para informarche de se está soleado, nubrado, chove ou neva.
Internet de Samsung
Continúa navegando noutro dispositivo
Se estás navegando unha web nun teléfono ou tableta Galaxy e despois abres a aplicación de Internet noutro dispositivo Galaxy iniciando sesión coa mesma Samsung account, aparecerá un botón que che permite abrir a última páxina web que estabas vendo no outro dispositivo.
Busca mellorada
As túas buscas inclúen agora os nomes de carpetas favoritas e grupos de pestanas. A lóxica de busca mellorada permíteche encontrar o que estás buscando mesmo se algo non está ben escrito.
Cambios adicionais
Comproba o nivel de batería dos teus dispositivos
Os novos widgets de Batería permíteche comprobar o nivel de batería dos teus dispositivos desde a Pantalla Inicio. Podes ver canta batería queda no teu teléfono, Galaxy Buds, Galaxy Watch e outros dispositivos admitidos.
Usa ata 3 emojis na Cámara Emoji de RA
Fai fotos e vídeos divertidos cos teus amigos en modo Máscara. Podes asignar un emoji diferente á cara de cada persoa.
Suxestións dos axustes
Mentres teñas a sesión iniciada na túa Samsung account, aparecerán suxestións na parte superior da pantalla de Axustes para axudarte a compartir, conectar e mellorar a túa experiencia cos dispositivos Galaxy.
Suxestións de Spotify
Agora o widget de Suxestións intelixentes recomenda pistas e listas de reprodución de Spotify baseadas na túa actividade actual. Obtén a música perfecta para conducir, facer exercicio e máis. Para obter suxestións, necesitas iniciar sesión na conta de Spotify coa última versión da aplicación de Spotify.
Elixe onde almacenar as capturas de pantalla e as gravacións da pantalla
Agora podes cambiar a carpeta onde están gardadas as capturas de pantalla e gravacións da pantalla.
Número de compilación : M135FXXS2BWA2
Versión de Android : T(Android 13)
Data de lanzamento : 2023-02-27
Nivel de parche de seguridade : 2023-01-01
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.
Número de compilación : M135FXXU1BVL2
Versión de Android : T(Android 13)
Data de lanzamento : 2022-12-17
Nivel de parche de seguridade : 2022-11-01
Actualización (Android 13) One UI Core 5
One UI Core 5 ofréceche unha mellor personalización e fai máis fácil facer cousas cos teus dispositivos Galaxy.
Deseño visual
Novas iconas e ilustracións de aplicacións
Os símbolos das iconas son máis grandes para que teñan un aspecto máis intenso e sexan máis fáciles de escanear. O sutil degradado en segundo plano e o contraste mellorado dan unha sensación máis fresca e natural. Creáronse novas ilustracións de axuda para dar un aspecto máis consistente a todas as aplicacións.
Máis fácil que nunca
As novas animacións e efectos de transición fan que cambiar entre pantallas sexa máis natural. As animacións e outros comentarios visuais aparecen de xeito instantáneo cando tocas a pantalla, facendo as interaccións máis intuitivas. A velocidade do desprazamento tamén se mellorou para facer que o desprazamento sexa máis sinxelo en One UI.
Efectos de desenfoque e cores melloradas
Os efectos de desenfoque en segundo plano no panel rápido, na Pantalla inicio e en toda a One UI melloráronse con cores máis vivas para unha experiencia máis clara e consistente. Os esquemas de cor simplificados da aplicación axudan a evitar distraccións e a concentrarse na tarefa actual.
Personalización
Personaliza a Pantalla de bloqueo
Só toca e mantén pulsada a Pantalla de bloqueo para editar. Que podería ser máis fácil? Personaliza o teu fondo de pantalla, estilo de reloxo, axustes das notificación e máis coa vista previa en directo, todo nun mesmo sitio.
Máis opcións de fondo de pantalla
Os axustes de fondo de pantalla deseñáronse de novo para facer máis sinxelo atopar o fondo de pantalla perfecto para a túa Pantalla inicio e Pantalla de bloqueo. Hai máis imaxes, vídeos, cores e filtros para elixir que nunca.
Máis opcións para a túa paleta de cores
É máis fácil atopar as cores que son adecuadas para ti. Elixe desde ata 16 temas de cor baseados no teu fondo de pantalla, así como tamén temas de cor preaxustados deseñados para lucir moi ben.
Comprobar facilmente quen chama
Define un fondo de chamada diferente para cada contacto para que poidas ver facilmente quen chama dunha ollada.
Modos e rutinas
Elixir modos segundo a túa actividade
Elixe un modo en función do que esteas a facer, como facer exercicio, traballar ou relaxarte, despois elixe o que queiras que faga o teu teléfono en cada situación. Por exemplo, acende Non molestar cando esteas relaxándote ou pon música cando esteas conducindo.
O modo Hora de deitarse está agora en Modo Durmir
O Modo durmir permíteche automatizar máis accións cando é a hora de deitarse, como acender o Modo Escuro e cambiar o modo de son.
Máis fácil descubrir rutinas preaxustadas
Un deseño simplificado fai máis fácil atopar rutinas que che sexan útiles.
Consultar rapidamente as rutinas que están funcionando
Agora, as rutinas que están funcionando actualmente móstranse na parte superior da pantalla Rutinas para que poidas entender que está pasando e facer cambios se fose preciso.
Máis accións e condicións para as túas rutinas
Comeza as rutinas automaticamente cando usas o modo Avión ou Conexión compartida. Agora, Rutinas pode abrir pares de aplicacións e axustar o balance de son esquerdo/dereito.
Widget de pantalla inicio
Colocar widgets en pías na Pantalla inicio
Combina varios widgets do mesmo tamaño nun só widget para aforrar espazo na túa Pantalla inicio. Só tes que arrastrar un widget e colocalo enriba doutro widget para crear unha pía, despois desliza para cambiar de widgets. Podes engadir máis widgets para facer unha pía en calquera momento arrastrando e soltando.
Obter suxestións na túa Pantalla Inicio
O novo widget de suxestións Smart sabe o que necesitas mesmo antes que ti. Suxire que aplicacións usar, que persoas chamar e outros consellos útiles. As suxestións están baseadas nos teus padróns de uso.
Multitarefa
Cambiar a vista cun xesto
Cambia da vista pantalla completa á vista pantalla dividida deslizando con dous dedos cara arriba desde a parte inferior da pantalla. Cambia da vista pantalla completa á vista ventá emerxente deslizando cun dedo cara dentro desde calquera canto na parte superior da pantalla. Os xestos poden acenderse ou apagarse nos Labs de Axustes.
Abrir aplicacións rapidamente en pantalla dividida
Só arrastra unha aplicación desde a pantalla Recentes a un lado da pantalla onde queiras abrila.
Dispositivos conectados
Facer máis cos teus dispositivos conectados
O menú dos dispositivos Conectados engadiuse a Axustes, facendo máis rápido e fácil acceder a características que funcionan con outros dispositivos, como Quick Share e Smart View.
Reproducir son desde o teu teléfono con calquera dispositivo Chromecast
Os dispositivos Chromecast dispoñibles aparecerán cando pulsas Saída multimedia no panel rápido no teu teléfono. Simplemente pulsa o dispositivo cando queiras reproducir música ou outro contido de audio.
Cámara e Galería
Facer zoom máis facilmente cunha man
Condensouse a barra de zoom para que poidas achegar e afastar o zoom aínda máis deslizando só unha vez.
Obter axuda co modo Profesional
Unha icona de axuda aparecerá nos modos Profesional e Vídeo profesional. Pulsa a icona para obter consellos e guías para usar varias lentes, opcións e controis.
Histograma en modo Profesional
Usa este histograma para consultar o brillo de cada ton para axudarche a obter a exposición perfecta.
Engadir marcas de auga ás túas fotos
Engade marcas de auga automaticamente ás túas fotos para que conteñan a data e a hora en que se fixo a foto, o nome do modelo do teu teléfono e outra información personalizada.
Agora, a lente de telefoto admítese en modo Comida
Fai mellores primeiros planos de comida usando a lente de telefoto.
Toma única modernizada
O modo Captura única simplificouse e optimizouse. Menos opcións e gravacións máis cortas fan que sexa máis rápido e máis fácil facer tomas sensacionais.
Elixir filtros máis facilmente
Optimizouse o menú de selección de filtros na Cámara, Editor de foto e Editor de vídeo. Todos os filtros están dispoñibles nunha lista, facendo máis fácil atopar o filtro perfecto para a túa foto ou vídeo.
Personalizar álbums en Galería
Elixe que álbums aparecen por defecto e oculta os álbum usados menos frecuentemente para evitar a desorde. Podes combinar álbums que teñan o mesmo nome e crear álbums que se actualicen automaticamente para incluír fotos de persoas que selecciones.
Novo aspecto para as Historias
As Historias que se crean automaticamente na túa Galería modernizáronse cunha vista interactiva de diapositivas. Só tes que pulsar ou deslizarte para te moveres entre as fotos e vídeos na túa historia.
Editor de Foto e Vídeo
Crear stickers de calquera foto
Crea stickers reutilizables a partir de calquera foto da túa galería. Só tes que seleccionar a parte da foto que queres usar como sticker e despois axustar o grosor e a cor dos contornos.
Máis formas de editar GIF
Podes recortar e axustar a proporción dos GIF animados para facelos do mesmo tamaño. Tamén podes usar as mesmas características de edición que están dispoñibles para imaxes estáticas para decorar o teu GIF como queiras.
Conservar os efectos do modo Vertical mesmo despois de editar
Agora, os efectos do modo Vertical consérvanse despois de recortar ou cambiar os filtros, de xeito que podes axustar o desenfoque en segundo plano en calquera momento.
Debuxar formas perfectas en fotos e vídeos
Usa a ferramenta pen para debuxar unha forma como un círculo, triángulo, rectángulo ou corazón. Mantén pulsado co dedo na pantalla cando remates de debuxar para facer que se transformen de xeito instantáneo en liñas rectas e ángulos perfectos.
Novos stickers para fotos e vídeos
Están dispoñibles 60 novos stickers de emojis precargados para decorar as túas fotos e vídeos.
Teclado Samsung
Novos emojis dispoñibles para os pares de emojis
No Teclado Samsung están dispoñibles máis de 80 emojis adicionais para crear un par de emojis. Podes combinar emojis baseados en animais, comida e outros obxectos, ademais de expresións faciais. Elixe a combinación perfecta para expresar os teus sentimentos.
Introducir kaomoji directamente desde o Teclado Samsung
Anima os teus chats e mensaxes con expresións faciais preaxustadas creadas usando os símbolos do teclado. (*^.^*)
Personalizar a fila do espazador no Teclado Samsung
Podes escoller que botóns de función e signos de puntuación amosar na parte inferior do teclado ao lado do espazador.
Notificacións
Recibir só as notificacións que permites
Cando usas unha aplicación pola primeira vez, preguntarémosche se queres recibir notificacións súas. Non dubides en dicir non ás aplicacións que non queres que te molesten.
Acceso máis fácil aos controis de notificacións das aplicacións
Unha aplicación estache a enviar demasiadas notificacións? Bloqueala é máis fácil que nunca con axustes das notificacións reorganizados colocando os controis das notificacións das aplicación na parte de enriba. Podes ir directamente aos axustes das notificacións da aplicación usando o botón da parte de abaixo do panel de notificacións.
Elixir que tipos de aplicacións de notificación podes enviar
Agora tes un control por separado sobre se as aplicacións poden amosar notificacións de ventá emerxente, insignias de iconas de aplicación e notificacións na pantalla de bloqueo. Podes autorizar todos os tipos, algúns ou ningún. Ti decides.
Novo deseño para notificacións
As iconas das aplicacións son máis grandes, o que fai máis sinxelo ver que aplicacións envían as notificacións. A aliñación de texto mellorouse para facer as notificacións máis fáciles de ler.
Axustes
Establecer unha lingua para cada aplicación
Queres usar algunhas aplicacións nunha lingua e outras aplicacións noutra? Agora podes elixir que lingua usar para cada aplicación en Axustes.
Establecer excepcións para Non molestar
Agora podes establecer contactos individuais como excepcións de Non molestar. O teu teléfono soará ou vibrará cando a persoa que elixas te chame e che envíe mensaxes, mesmo cando Non molestar estea activado. Tamén é máis fácil axustar aplicacións como excepcións, de xeito que recibes as súas alertas de notificacións mesmo cando Non molestar está activado. Elixe as aplicacións da grella que queres permitir.
Axustes de son e vibración mellorados
Os menús reorganizáronse para facer máis fácil atopar as opcións de son e vibración que necesitas. Establece a túa melodía e cambia os axustes de volume e vibración, todo no mesmo lugar.
Máis opcións para RAM Plus
Agora pode apagarse RAM Plus completamente en Coidado do dispositivo se non o necesitas o non queres que use ningún espazo de almacenamento.
Optimización automática
O Coidado do dispositivo fai que o teléfono siga funcionando ben ao levar a cabo optimizacións automáticas en segundo plano. Para manter o teu teléfono nas mellores condicións, podes axustalo para se reiniciar automaticamente cando sexa preciso.
Seguridade e privacidade
Consultar o estado de seguridade do teu teléfono dunha ollada
O novo panel de control de Seguridade en Axustes amosa se o teu teléfono ten problemas de seguridade e axúdache a solucionalos rapidamente.
Evitar que a información persoal se comparta accidentalmente
O panel compartir avisarache cando intentes compartir fotos que conteñan información confidencial, como tarxetas de crédito, tarxetas identificativas ou pasaportes, de xeito que poidas reconsiderar se realmente queres compartilas.
Información de privacidade e seguridade para sitios web
Aparecerá unha icona na barra de enderezos en Samsung Internet para amosar o estado de seguridade do sitio. Pulsa a icona para saber que información recompila e rastrexa o sitio web.
Accesibilidade
Máis opcións de accesibilidade no panel rápido
A fonte de gran contraste e inversión de Cor, poden engadirse ao panel rápido para un acceso máis sinxelo.
A Lupa é máis accesible
Acende o atallo da Lupa nos axustes de Accesibilidade para obter acceso rápido a característica da Lupa. A lupa usa a cámara do teléfono para aumentar os elementos do mundo real, de xeito que poidas ver máis de cerca ou facer que algo sexa máis fácil de ler.
Máis axuda oral
Elixe entre varios tipos de comentarios de voz para obter axuda usando o teu teléfono, mesmo se non podes ver a pantalla claramente. Podes facer que o teu teléfono lea o que se introduce no teclado para que poidas asegurarte de escribir as letras correctas, usar Bixby Vision para recoñecer obxectos que están cerca e dicir que son e acender as descricións de audio que explican que pasa nun vídeo (só para vídeos admitidos).
Editar facilmente o botón de Accesibilidade
Pulsa e mantén pulsado o botón de Accesibilidade para cambiar rapidamente as características ás que podes acceder usando o botón.
Novas accións dispoñibles para accións de Esquina
Se estás a usar un rato ou un panel táctil, as novas accións están dispoñibles cando moves o punteiro do rato para unha das 4 esquinas da pantalla. Agora podes facer clic e manter, arrastrar ou arrastrar e soltar.
Cambios adicionais
Usar varios temporizadores ao mesmo tempo
Agora podes iniciar un novo temporizador na aplicación Reloxo mesmo se aínda esta funcionando outro temporizador.
Máis control sobre os convidados dun evento do calendario
Cando engades un evento ao Google Calendar na aplicación Calendario de Samsung, podes elixir se os convidados teñen permitido ver quen máis está convidado ao evento e tamén elixir se poden convidar a outras persoas.
Engadir videoconferencias aos teus eventos
Cando creas un evento en Google calendar na aplicación Calendario de Samsung, podes configurar unha videoconferencia ao mesmo tempo. Todo o mundo convidado ao teu evento recibirá unha ligazón á videoconferencia.
Engadir stickers no teu Google Calendar
Engade stickers aos eventos de Google Calendar na aplicación de Samsung Calendar para facer que sexa fácil velos dunha ollada. Os stickers amósanse tanto nas vistas do calendario coma da axenda.
Non perdas de vista os recordatorios de hoxe
A nova categoría Hoxe amosa só recordatorios de hoxe. Tamén podes consultar os recordatorios de hoxe na parte superior da pantalla principal da aplicación Recordatorio.
Amosar e ocultar os recordatorios completados
Podes amosar ou ocultar os recordatorios completados en calquera categoría. Amosar, para ver o que xa fixeches, ou ocultar, para manterte centrado nas cousas que aínda tes que terminar.
Elixir a vista correcta para os teus recordatorios
Elixe a vista simple para amosar máis recordatorios na pantalla dunha vez ou unha vista expandida que inclúe detalles como a data final e condicións repetitivas.
Arrastrar e soltar marcadores entre carpetas
Garda os marcadores de Samsung Internet organizados arrastrándoos e soltándoos entre carpetas.
Busca máis eficaz en Os meus arquivos
Escolle se buscar en todos os arquivos ou só nos arquivos da carpeta actual. Podes escoller entre buscar só nomes de arquivos ou buscar información dentro dos arquivos como texto en documentos ou información de localización en imaxes. Cando a túa busca está completada, podes ordenar os resultados por nome, data, tamaño ou tipo de arquivo.
Benestar dixital redeseñado
O novo Panel de control fornece detalles de uso máis claros e fai que sexa máis fácil acceder ás características que necesitas, como temporizadores de aplicacións e informes de uso pantalla.
Obter axuda nunha emerxencia
Preme rapidamente o Botón Función 5 veces para chamar aos servizos de emerxencia mesmo se tes o teléfono no peto ou non podes falar.
Lista de contactos de emerxencia integrada
Crea unha lista de contactos de emerxencia que inclúa ás persoas coas que queiras contactar en caso de emerxencia. A mesma lista de contacto pode usarse para características de emerxencia tanto no teu reloxo como no teu teléfono.
Amosar os nomes das aplicacións no panel de Edge de aplicacións
Acende Mostrar nomes das aplicacións para facer que os nomes das aplicacións aparezan debaixo das iconas das aplicacións.
Algunhas aplicacións necesitan actualizarse por separado despois da actualización One UI Core 5.
Número de compilación : M135FXXS1AVI1
Versión de Android : S(Android 12)
Data de lanzamento : 2022-10-13
Nivel de parche de seguridade : 2022-10-01
• Mellorouse a estabilidade xeral do teu dispositivo.
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.
Número de compilación : M135FXXU1AVH3
Versión de Android : S(Android 12)
Data de lanzamento : 2022-08-24
Nivel de parche de seguridade : 2022-08-01
• Mellorouse a estabilidade xeral do teu dispositivo.
• Mellorouse a seguridade do teu dispositivo.